Aviso legal e privacidade
Aviso legal
En cumprimento do artigo 10 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico (LSSI-CE), infórmase dos seguintes datos identificativos do titular deste sitio web:
- Titular: Rural Hackers (asociación sen ánimo de lucro)
- Domicilio: Anceu, Ponte Caldelas, 36820 Pontevedra, España
- Email de contacto: hola@ruralgpt.gal
- Sitio web: https://ruralgpt.gal
Política de privacidade
En cumprimento do Regulamento Xeral de Protección de Datos (RXPD) e a Lei Orgánica 3/2018 de Protección de Datos Persoais e Garantía dos Dereitos Dixitais (LOPDGDD), infórmámoste do seguinte:
Responsable do tratamento
Rural Hackers, con domicilio en Anceu, Ponte Caldelas, 36820 Pontevedra. Contacto: hola@ruralgpt.gal
Finalidade do tratamento
Os datos persoais recollidos a través deste sitio web serán tratados coas seguintes finalidades:
- Xestionar a túa inscrición e participación na Residencia IA de Rural GPT.
- Enviarte información relacionada coa Residencia IA (confirmación, loxística, materiais).
- Manterte informado sobre futuras edicións, se dás o teu consentimento.
Base legal
- Execución de contrato: para a xestión da inscrición e o servizo contratado.
- Consentimento: para o envío de comunicacións sobre futuras edicións.
- Interese lexítimo: para a mellora do servizo e análise interno.
Destinatarios
Os teus datos non se cederán a terceiros salvo obrigación legal. Utilízanse os seguintes encargados de tratamento:
- Stripe: procesamento de pagamentos (con sede nos EE.UU., acollido a cláusulas contractuais tipo da UE).
- Google Analytics: analítica web (con sede nos EE.UU., acollido a cláusulas contractuais tipo da UE). Só se activa co teu consentimento.
- Meta (Facebook Pixel): medición de campañas publicitarias (con sede nos EE.UU., acollido a cláusulas contractuais tipo da UE). Só se activa co teu consentimento.
Conservación de datos
Os datos conservaranse mentres dure a relación contractual e, unha vez finalizada, durante os prazos legalmente esixidos (normalmente 5 anos por obrigas fiscais).
Dereitos
Podes exercer os teus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidade enviando un email a hola@ruralgpt.gal co asunto "Protección de datos". Tamén tes dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (aepd.es).
Política de cookies
Este sitio web utiliza os seguintes tipos de cookies:
- Cookies técnicas: necesarias para o funcionamento do sitio (preferencia de consentimento). Non requiren consentimento.
- Cookies analíticas (Google Analytics): axúdannos a entender como interactúan os visitantes co sitio. Só se activan se aceptas o uso de cookies.
- Cookies de marketing (Meta Pixel): permiten medir a eficacia das nosas campañas. Só se activan se aceptas o uso de cookies.
Podes cambiar a túa preferencia en calquera momento eliminando a clave cookie_consent do almacenamento local do teu navegador ou borrando os datos do sitio.
Condicións de contratación
A compra dunha praza na Residencia IA de Rural GPT realízase a través de Stripe. Ao realizar o pagamento, aceptas as seguintes condicións:
Prezo e que inclúe
- O prezo inclúe formación, aloxamento (3 noites) e pensión completa (almorzo, xantar e cea durante 3 días).
- Non inclúe transporte ata Anceu Coliving.
- Os prezos indicados inclúen IVE cando corresponda.
Política de cancelación
- Cancelación gratuíta ata 15 días antes do inicio da Residencia IA.
- Entre 15 e 7 días antes: devolución do 50%.
- Menos de 7 días: sen devolución, mais a praza é transferible a outra persoa.
Modificacións
Rural GPT resérvase o dereito de modificar o programa, os instructores ou as datas por causa xustificada, ofrecendo nese caso a posibilidade de devolución íntegra do importe.
Responsabilidade
Rural GPT non se fai responsable de danos ou perdas de equipos persoais durante a Residencia IA. Recoméndase aos asistentes contratar un seguro de viaxe se o consideran oportuno.
Lista de espera ES