Xerativo
Xera textos, ideas, código e prototipos que antes levaban horas.
Reservar ES Obradoiro presencial · 28 de novembro · Anceu Coliving
A túa clientela non debería atopar o erro antes ca ti. Formación nova para asesorías, xestorías e administración: revisar facturas, cadralas co banco e protexer os datos da túa clientela.
Que é Rural GPT
Formación presencial de IA aplicada no rural galego. Unha iniciativa de Rural Hackers e Anceu Coliving para profesionais que queren avanzar sen perderse no ruído.
Formación presencial, cos teus procesos reais e con ferramentas que si se poden usar cando manexas datos sensibles.
O que xa pasou
Sara optimizaba 80 imaxes á man cada día. Na primeira Residencia Rural GPT construíu o seu propio executable e reduciu o traballo a menos dun minuto.
Iso é Rural GPT: solucións reais, sinxelas e creadas por ti.
Ver programa e reservar
Ferramentas que traballamos
Non ensinamos marcas por moda. Comparamos, escollemos e aplicamos as que realmente encaixan co teu traballo.
Modelos de IA aloxados na UE para traballar con datos da túa clientela.
Texto, análise e asistentes para o traballo diario.
Razoamento, documentos longos e creación de artefactos.
Automatización de fluxos entre aplicacións sen programar.
Coñecemento e investigación a partir dos teus documentos.
Constrúe ferramentas con IA, tamén se non programas.
O asistente de IA de xAI.
A IA integrada no ecosistema de Google.
Axente de IA de código aberto.
Ollo cos datos: non todas estas ferramentas serven para traballar con información da túa clientela. Para iso usamos servizos con garantías de confidencialidade e modelos aloxados na UE, como Langdock.
Millóns de persoas usan ChatGPT cada día. Ti vaslles dar un novo significado a estas letras.
Xera textos, ideas, código e prototipos que antes levaban horas.
Aproveita unha enorme base de coñecemento para o teu contexto real.
Transforma a linguaxe e, ben aplicado, tamén a túa forma de traballar.
Edición anterior
A primeira edición esgotou as 12 prazas. Profesionais de hostalaría, márketing, educación e xestión saíron con ferramentas configuradas e automatizacións funcionando.
Ver a edición anterior28 novembro · Asesorías, xestorías e administración — 199 € + IVA