Talleres presenciais de IA en Galicia · Outono 2026
Dous talleres sprint dun día en Anceu. Saes con algo feito á túa medida, non con apuntamentos que nunca terás tempo de volver ler.
IA aplicada para profesionais non técnicos. Sen teoría futurista. Sen un curso en liña de 40 horas. Un día intensivo, grupo reducido e comida incluída no corazón de Galicia.
31 de outubro · Produtividade — 28 de novembro · Web — 199 € + IVA · 15 prazas por taller
O punto de partida
O tempo non espera. A IA tampouco.
En xuño esgotamos as 12 prazas da primeira Residencia Rural GPT en Anceu. Profesionais de sectores moi distintos chegaron coas súas «tarefas de merda» e saíron con solucións reais: automatizacións, executables propios e fluxos de traballo que lles devolven horas cada semana.
No outono imos a mil. Por iso deseñamos un formato novo: sprints dunha xornada. O mesmo enfoque práctico. O mesmo equipo. O mesmo Anceu. Sen ter que desaparecer catro días.
Os talleres
Dous días para resolver dous problemas reais
Escolle o problema que queres sacar da lista antes de rematar o ano, ou reserva os dous días co Pack Outono.
Taller 01
31 OUT
IA e Produtividade
Entras coas túas tarefas repetitivas. Saes con automatizacións reais.
Cantas horas perdes cada semana en follas de cálculo, correos, orzamentos, resumos, informes ou procesando imaxes á man? Identificarás que paga a pena automatizar, que ferramenta usar e levarás dous ou tres fluxos funcionando para aplicar ao día seguinte.
Para quen é
Persoas autónomas e pemes que xestionan o negocio con ferramentas dixitais
Profesionais de márketing, educación, hostalaría, coidados e administración
Persoas que xa probaron a IA pero aínda non a integraron no seu día a día
Equipos que só poden liberar unha persoa durante un día
Que traballaremos
Análise do teu fluxo de traballo real: que automatizar, que delegar á IA e que non paga a pena
ChatGPT e Claude avanzado, Make, NotebookLM e Cursor
Creación de automatizacións sen saber programar
Criterio para escoller ferramentas e decidir cando pagar unha licenza
Casos reais: de 30 minutos a menos dun en tarefas repetitivas
Taller 02
28 NOV
Web e Produto Dixital
Entras cunha idea. Saes coa túa web en produción.
Levas meses con «a web» na lista de pendentes? Este sprint serve para crear, publicar e despregar unha web real nun só día, sen saber programar e sen depender de ninguén.
Para quen é
Persoas emprendedoras e freelance que necesitan presenza en liña xa
Negocios locais que queren unha web funcional sen investir miles de euros
Creativos, consultoras e profesionais que queren validar unha idea rápido
Persoas que queren entender o proceso completo, da idea á URL pública
Que traballaremos
Deseño e creación da web con Lovable usando linguaxe natural
Control de versións con GitHub, sen medo e paso a paso
Despregamento en produción con Netlify e URL real
Cambios, melloras e publicación en tempo real
Boas prácticas para seguir evolucionando a web despois do taller
Reserva
Escolle un día. Ou queda cos dous.
Os prezos indicados non inclúen o IVA.
Taller 01
IA e Produtividade
31 de outubro de 2026 · Anceu Coliving
Sairás con dúas ou tres automatizacións configuradas, criterio para seguir iterando e unha folla de ruta clara para recuperar tempo no teu negocio.
Sara é desenvolvedora web. Chegou cunha tarefa que se repetía cada día: optimizar 80 imaxes á man. Ao día seguinte tiña o seu propio executable: un botón, unha carpeta e o traballo feito en menos dun minuto.
Iso é Rural GPT. Non teoría futurista. Solucións reais, sinxelas e creadas por ti para recuperar o teu tempo.
Onde
Anceu Coliving · Ponte Caldelas · Galicia
Unha aldea de pouco máis de cen habitantes convertida nun laboratorio de innovación rural. Fibra de 1 Gbps, natureza e espazos de traballo preparados para concentrarse.
A trinta minutos de Pontevedra. Sen distraccións de cidade e coa cabeza posta en resolver o teu problema.
O prezo inclúe o menú do chef Granero para parar, compartir o que estás construíndo e volver á sesión con enerxía.
O equipo
O equipo
Rural GPT nace da colaboración entre Rural Hackers e Anceu Coliving para descentralizar a innovación e levar a IA aplicada a profesionais de todos os sectores.
01
Nacho Márquez
Rural Hackers
Cofundador de Rural Hackers e director de Noites Abertas en Pontevedra. Máis de vinte iniciativas internacionais en hackathons, residencias creativas e formación tecnolóxica aplicada.
02
Agustín Jamardo
Anceu Coliving · Rural Hackers
Enxeñeiro de software especializado en back-end. Fundou Anceu Coliving en 2020 e leva máis de doce anos traballando en remoto e construíndo ferramentas con IA.
03
África Rodríguez
Rural Hackers
Cofundadora de Rural Hackers e facilitadora de proxectos europeos. Deseña experiencias de aprendizaxe e innovación conectadas co territorio e coas comunidades.
FAQ
Preguntas frecuentes
01 Necesito saber programar?
Non. O enfoque é práctico e accesible para perfís non técnicos. No taller de web explicamos GitHub e Netlify paso a paso.
02 Que levo ao rematar o día?
En Produtividade, dúas ou tres automatizacións configuradas e criterio para seguir. En Web, o teu sitio despregado cunha URL pública e acceso ao repositorio.
03 Inclúe aloxamento?
Non. É un formato sprint dunha xornada. Se vés de fóra, escríbenos e recomendarémosche opcións na zona.
04 Inclúe comida?
Si. O prezo inclúe o menú do día do chef Granero.
05 Podo ir con compañeiros da miña empresa?
Si. Para reservas de tres ou máis prazas, escríbenos e xestionamos o bloque con facturación á empresa.
06 Haberá máis edicións este ano?
Estas son as dúas únicas datas de 2026. Ata 2027 non volveremos facer residencias longas de tres días.
07 Podo cambiar de taller se me equivoco?
Se quedan prazas no outro taller, si. Escríbenos polo menos sete días antes.
08 É deducible para autónomos e empresas?
Si. É formación profesional e emitimos factura. Consulta coa túa asesoría como aplicala no teu caso.
Un día. Un problema. Unha solución real.
Comida incluída · 15 prazas por taller · Anceu, Galicia · Prezos sen IVA