Sobre nós
A historia
Rural GPT nace dunha idea simple: a mellor forma de aprender IA non é un vídeo de YouTube nin un máster de 8 meses. É sentarse 3 días con xente coma ti, nun sitio sen distraccións, e construír cousas reais.
Levamos anos organizando eventos tech no rural galego con Rural Hackers. Vimos que cando xuntas profesionais tech motivados, boa conexión a internet e un contorno que invite a concentrarse, pasan cousas boas. Rural GPT é a versión intensiva e enfocada en IA desa experiencia.
Rural Hackers
Comunidade de tecnólogos que exploran a intersección entre tecnoloxía e mundo rural. Organizadores dos Hacker Days en Anceu e de eventos tech en pobos de Galicia. Cren que a tecnoloxía pode (e debe) funcionar fóra das grandes cidades.
Anceu Coliving
O primeiro coliving do noroeste de España. Un pobo de menos de 100 habitantes en Ponte Caldelas (Pontevedra) con 1 Gbps de fibra, espazo de traballo e unha comunidade internacional de profesionais remotos. O 55% dos colivers repiten.
O equipo
Os instructores de Rural GPT son profesionais que usan IA no seu traballo a diario. Non académicos, non evanxelistas: xente que constrúe cousas con IA e quere ensinarte a facer o mesmo.
Agustín Jamardo
Fundador de Anceu Coliving · Desenvolvedor
Enxeñeiro de software especializado en back-end. Viviu e traballou en China antes de volver a Galicia para fundar Anceu Coliving en 2020 — un pobo de 98 habitantes con 1 Gbps de fibra. Cofundador de Rural Hackers. Leva 12+ anos traballando en remoto e construíndo ferramentas con IA.
África Rodríguez
Cofundadora de Rural Hackers · Facilitadora
Activista de cultura colaborativa e xestora de Anceu Coliving. Despois de explorar capitais europeas, volveu ao pequeno. Cofundou Espacio Arroelo (coworking en Pontevedra) e leva dende 2018 formándose en educación non formal para facilitar proxectos europeos como Erasmus+ e The Break Fellowship.
Nacho Márquez
Cofundador de Rural Hackers · Director
Experiencia internacional en proxectos entre Marrocos, Estonia e Singapur. Participou en máis de 20 proxectos Erasmus+ e traballou coa Unión Europea. Director de Noites Abertas, programa xuvenil de Pontevedra. Cre nos talentos híbridos e en que a tecnoloxía funciona mellor fóra da cidade.
¿Queres coñecernos en persoa?
Ven á Residencia IA
Lista de espera ES