A túa clientela non debería atopar o erro antes ca ti. Formación nova para quen traballa con datos sensibles, Facenda e bancos. 28 de novembro, 10:00–18:00, Anceu Coliving. 199 € + IVA, comida incluída.
Esta formación traballa dúas cousas clave. A primeira é aplicar a IA a tarefas do despacho, como revisar facturas e cadralas co banco, para detectar o erro antes de que chegue á túa clientela. A segunda é facelo con ferramentas e usos que temos moi estudados: máxima seguridade, cumprimento do RGPD e da LOPDGDD, e servizos con garantías de confidencialidade. A IA encárgase do repetitivo para que o teu equipo dedique o tempo ao traballo de fondo. Miramos cada caso un por un. Fórmanvos Agus e Nacho, que usan IA a diario, e despois do obradoiro seguimos en grupo para resolver dúbidas.
28 de novembro de 2026 · 10:00–18:00 · Anceu Coliving
Prezo
199 € + IVA
Prazas
15 prazas
Lugar
Anceu Coliving · Ponte Caldelas · Galicia
Que inclúe
Formación presencial
Xornada intensiva de 10:00 a 18:00 co equipo de Rural GPT
Comida
Menú do chef Granero incluído
Materiais
Recursos e documentación para seguir practicando
Grupo reducido
Máximo 15 participantes e atención próxima
Contorno
Anceu Coliving, Ponte Caldelas, Galicia
Para quen é
Asesorías fiscais, laborais e contables
Xestorías administrativas e despachos profesionais
Departamentos de administración, contabilidade e RRHH de empresas
Equipos que xestionan documentación e datos persoais da súa clientela, do seu persoal ou das súas empresas provedoras
Profesionais que queren usar a IA sen poñer en risco a confidencialidade
Que traballaremos
Revisar facturas e cadralas co banco: que prepara a IA e que revisas ti
Que esixen o RGPD e a LOPDGDD cando usas IA con datos da túa clientela
Como escoller ferramentas con confidencialidade e seguridade acreditadas e modelos aloxados na UE (p. ex. Langdock)
Análise dos procesos do despacho, caso por caso: que automatizar e que segue en mans humanas
Control de prazos, lembretes e documentación pendente
Tarefas repetitivas sen valor: automatizalas para dedicar o tempo ao traballo de fondo
Reserva
Os prezos indicados non inclúen o IVA.
Próximo taller
IA para datos sensibles
28 de novembro de 2026 · 10:00–18:00 · Anceu Coliving
Sairás con criterio para usar a IA na túa asesoría, xestoría ou departamento respectando a normativa de protección de datos, con procesos concretos identificados para mellorar e unha folla de ruta para aplicalos ao día seguinte.
Non. Traballamos sobre os procesos reais do teu despacho ou departamento, sen necesidade de coñecementos técnicos.
02 Que levo ao rematar o día?
Criterio para usar a IA cumprindo o RGPD e a LOPDGDD e unha folla de ruta para mellorar os procesos do teu despacho ou departamento.
03 Podo usar ChatGPT con datos da miña clientela?
Depende da ferramenta e de como a uses. No obradoiro vemos que esixen o RGPD e a LOPDGDD, como escoller servizos con garantías de confidencialidade e modelos aloxados en Europa, e como organizar o traballo para non expoñer datos sensibles.
04 Serve se traballo no departamento de administración dunha empresa?
Si. Os problemas son os mesmos que nun despacho: datos persoais, prazos, facturas e documentación. Traballamos sobre os procesos reais do teu departamento.
05 Inclúe aloxamento?
Non. É un formato sprint dunha xornada. Se vés de fóra, escríbenos e recomendarémosche opcións na zona.
06 Inclúe comida?
Si. O prezo inclúe o menú do día do chef Granero.
07 Podo ir con máis persoas da miña empresa?
Si. Para reservas de tres ou máis prazas, escríbenos e xestionamos o bloque con facturación á empresa.
08 É deducible para autónomos e empresas?
Si. É formación profesional e emitimos factura. Consulta coa túa asesoría como aplicala no teu caso.
Un día. Un problema. Unha solución real.
Comida incluída · 15 prazas · Anceu, Galicia · Prezos sen IVA