As facturas que ninguén mira

Todo negocio ten o mesmo problema: as facturas están gardadas, organizadas por mes, perfectamente escaneadas. E aí quedan.

Ninguén se senta a analizalas de verdade. Serían horas de traballo: abrir cada PDF, apuntar os datos relevantes, montar un Excel, buscar patróns. Para cando acabas, xa non lembras por que empezaches. Así que non se fai. E sen eses datos, tomas decisións ás cegas — sen saber en que gastas realmente, sen poder negociar con provedores, sen visibilidade sobre que meses che custan máis.

A IA cambia isto. O que antes eran horas de traballo manual convértese nunha conversa de dez minutos.

A pregunta

Anceu Coliving ten 305 facturas de pagamentos do ano 2025, organizadas mes a mes nunha carpeta de Dropbox. Facturas de supermercado, provedores, servizos dixitais, subministracións.

A pregunta era simple: ¿canto gastamos en café?

Non porque sexa o gasto máis importante. Senón porque é o tipo de pregunta que nunca ten resposta inmediata — e debería tela.

O proceso: así se ve en Claude

Para comezar, adxúntanse as facturas de Froiz de outubro directamente no chat de Claude. Claude le PDFs con texto, táboas e liñas de produto sen problema.

O prompt non ten nada de especial:

“Aquí tes as facturas de compras de outubro. Necesito saber canto gastamos en café: gran, moído, descafeinado, cápsulas. Dame o detalle por produto e o total.”

Prompt enviado a Claude coas facturas de Froiz adxuntas

A resposta chegou en segundos. Claude leu cada liña de cada factura, identificou os produtos de café e devolveu isto:

Resposta de Claude co desglose de café de outubro

Outubro 2025 — Compras de café (Froiz)

DataProdutoUdsP. unitarioImporte
01/10Café Froiz gran natural 500g25,63€11,26€
01/10Café Froiz moído descaf. natural 250g12,79€2,79€
09/10Café Trópico natural gran 500g27,83€15,66€
09/10Café Cumbre gran natural selecto 500g26,81€13,62€
09/10Café Froiz moído descaf. natural 250g52,79€13,95€
15/10Café Trópico natural gran 500g77,83€54,81€

Total outubro: 112,09€ / ~8 kg de café

O problema de facelo a man

Ben. Isto funcionou para outubro. Pero Anceu ten 305 facturas repartidas en 10 meses.

Con Claude.ai — a versión web que xa coñece moita xente — terías que repetir este proceso mes a mes: abrir unha conversa nova, subir os PDFs dese mes a man, facer a pregunta, copiar o resultado. Dez veces.

Con 305 facturas en 10 carpetas, iso segue sendo traballo.

305 facturas de Anceu Coliving organizadas por mes en Dropbox

Aquí é onde entra Claude Code: en lugar de subir arquivos, díslle onde está a carpeta e le todo directamente desde o sistema. Sen subir nada. Sen abrir carpetas. Un só prompt para os 305 documentos.

O resultado do ano completo:

Claude Code devolve o resumo anual de gasto en café

MesGasto caféKg aprox.
Xaneiro28€2,0 kg
Marzo45€3,5 kg
Abril52€4,0 kg
Maio38€3,0 kg
Xuño61€4,5 kg
Xullo78€6,0 kg
Agosto85€6,5 kg
Setembro72€5,5 kg
Outubro112€8,0 kg
Novembro68€5,0 kg
Total 2025~639€~48 kg

Nota: febreiro e decembro sen facturas dispoñibles no período analizado.

O que estes datos permiten facer

639 euros en café nun ano. 48 quilos. Outubro como mes pico — coincide coa maior ocupación do espazo.

Con este desglose, Anceu ten agora algo que antes non tiña: poder de negociación. Ir a Froiz — ou a calquera provedor de café — e dicir “comprámoslles aproximadamente 50 kg ao ano, ¿que podedes facer por nós?” é unha conversa completamente diferente a chegar sen datos.

O mesmo aplica a calquera negocio. ¿Canto gastas en software por subscricións? ¿En materiais? ¿En servizos recorrentes que quizais xa non necesitas? As respostas están nas túas facturas. O problema nunca foi que os datos non existiran — é que extraelos a man non merecía a pena.

Agora si.

Isto é o que ensinamos en RuralGPT

Na Residencia IA de RuralGPT dedicamos un día enteiro a Claude Code: a versión de Claude que traballa directamente cos teus arquivos, a túa carpeta de proxectos, o teu sistema. Sen subir nada a man. Sen copiar e pegar. Sen límites de contexto por mes.

O que fixemos aquí con facturas podes facelo ti cos documentos do teu negocio: orzamentos, contratos, historial de clientes, rexistros de vendas. A diferenza entre Claude.ai e Claude Code non é de prezo — é do que podes chegar a facer con el.

Non necesitas saber programar. Necesitas saber que pregunta queres responder.

Mira se a Residencia IA é para ti ou consulta o programa completo.